Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local reúnese o...

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión ordinaria

Venres 30 de marzo do 2007

A Xunta de Goberno Local tamén abordará a autorización de tres licenzas de obra para vivendas unifamiliares nos lugares de Ermida (Sofán), Vilar de Peres (Rebordelos) e Castelo (Vilela), ademáis doutra para a construcción dun edificio de 20 vivendas nas rúas Costa Rica, Brasil e Nicaragua. A sesión completarase coas certificacións primeira das obras Ordenación e urbanización da praza municipal en Bértoa e segundas das obras Rede de saneamento en Cances da Vila 1ª Fase, Construcción dunha rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa, Completar e reparar beirarrúas na Avda. Bergantiños, Vila de Corcubión e Vila de Ordes e Cerramento de pavillón da escola de Gándara. Inclúense tamén na orde do día autorizacións para vaos permanentes nas rúas Álvarez de Sotomaior, Río Miño, Avda. das Flores, Mahón, Río Mandeo, Muíño, Cemiterio Vello e Salgueiro.

Compartir: