URBANISMO
Convocada unha reunión para informar sobre a situación urbanística do concello
Xoves 29 de marzo do 2007
A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o aordo plenario do 20 de maio de 2003, no que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo era aprobado por unanimidade baixo o mandato do Partido Popular. A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso presentado polo presidente da asociación de veciños de San Cristovo, considerando o fallo que existen infraccións no procedemento de elaboración e aprobación que deben comprer os plans xerais. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os portavoces dos grupos municipais do BNG, CDI, PSOE e PP, Luis Lamas, Manuel Andrade, José Antonio Viña e Alberto Sueiro, veñen de transmitir unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza por esta nova situación e anunciaron que recurrirán en casación ao Supremo.