Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o...

URBANISMO

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o Plan Xeral de Ordenación Municipal

Mércores 28 de marzo do 2007

Na sentencia recóllese, ademáis, que non se presenta razoable que a Xunta emitira un informe favorable, cando a natureza e contido das correccións parecían exixir unha nova comprobación por parte da Administración Autonómica.
Recurso
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os portavoces dos grupos municipais do BNG, CDI, PSOE e PP, Luis Lamas, Manuel Andrade, José Antonio Viña e Alberto Sueiro, compareceron no Concello para transmitir unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza e anunciaron que recurrirán en casación ao Supremo. En principio, segundo manifestaron, non se anula nada e agora iniciarán unha serie de xuntanzas con asesores xurídicos e urbanísticos para estudiar o caso e o proceder. Tamén aludiron á necesidade de contactar coa Consellería de Política Territorial para actuar unidos.

Compartir: