Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle un curso para a obtención...

DEPORTE

Carballo acolle un curso para a obtención das titulacións de Socorrista Acuático e Primeiros Auxilios

Mércores 28 de marzo do 2007

No curso inclúese licencia federativa e seguro, textos do curso, dereito de asistencia ás clases, dereito de realización de tódolos exames e, unha vez superado o curso, título de Socorrista Acuático e título de Primeiros Auxilios. Os requisitos para participar do mesmo son ser maior de 16 anos ou cunplilos ao rematar o curso, no caso de non ser maior de idade, unha autorización do pai, nai ou titor/a legal, estar en posesión do graduado escolar ou equivalente e ter un nivel de desenvolvemento no medio acuático suficiente para superar as probas de aptitude física requeridas.
Concentración
Ademáis da celebración deste curso, a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo anunciou na Casa do Concello a celebración dunha concentración, o 31 de marzo e 1 de abril, nas piscinas municipais de Carballo, de 40 deportistas en categorías absoluta e cadete. A Federación pretende, con esta actividade, mellorar o rendemento técnico dos deportistas e aproveitar a ocasión para formar unha Selección Galega, integrada por 12 socorristas femininos e 12 masculinos, para participar no Campionato Internacional de Salvamento Acuático Deportivo de Cáceres. A concentración celebrarase a porta pechada e aglutinará aos mellores deportistas galegos nesta modalidade.

Compartir: