Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pan será protagonista das actividades de...

TURISMO

O pan será protagonista das actividades de Semana Santa

Martes 27 de marzo do 2007

O pan une o mundo será un dos lemas que servirá para destacar a presenza en Carballo de diversos colectivos africanos, coa pretensión de facer unha festa da multiculturalidade. Baixo unha carpa situada a carón do Pazo da Cultura, o Pan e chocolatee o Pan e música serán protagonistas en Semana Santa. O Venres Santo acollerá a degustación do doce con diferentes variedades de pan, mentres que a música engloba dous días nos que se celebrará o festival. O Concello segue a ultimar os preparativos dos actos de Semana Santa e está previsto que, en breve, se presente o cartel.

Compartir: