Inicio Carballo ao día Hemeroteca Escolares da comarca prantaron 25 carballos e 365...

MEDIO AMBIENTE

Escolares da comarca prantaron 25 carballos e 365 landras no Polígono Industrial

Venres 23 de marzo do 2007

Ademáis do alumnado dos centros educativos, no acto estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o director de La Voz de Galicia, Xosé Luis Vilela, a delegada provincial de Medio Rural, Olga María García, o presidente de Sogama, José Álvarez, e o delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria e presidente de Xestur, José Luis Barcia, ademáis de varios membros do grupo da corporación municipal, a coordenadora do programa Voz Natura, Nazareth Díaz, o delegado de Carballo de La Voz de Galicia, Xosé Ameixeiras, o representante do Comité Científico Voz Natura, José Antonio Díaz, e o director de Márketing e Ventas de La Voz de Galicia, Rafael Sanguino. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, calificou o acto de "feliz iniciativa, esperando que a landra simbolice ese novo Carballo que queremos". O director de La Voz de Galicia, Xosé Luis Vilela, manifestou o seu desexo de que "esta prantación conxure aos druidas celtas para que non haxa máis incendios, poder ver aos máis novos prantando estes carballos e poder vir dentro de 25 anos para apreciar unha estupenda carballeira". A delegada provincial de Medio Rural, Olga María García, manifestou a vontade de "poder invertir en valorizar o noso monte". O presidente de Sogama, José Álvarez, dixo que "estas sementes van a contribui a que Galicia sea sostible de verdade", mentres que o delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria e presidente de Xestur, José Luis Barcia, calificou a iniciativa de "maravillosa" e se referiu ao polígono industrial como "un futuro exemplo da preservación do medio natural, ademáis da vontade de poñer a disposición servizos e medias para que as empresas podan desenvolverse do mellor xeito posible".

Compartir: