Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a entrega dos XVI Premios...

CULTURA

Carballo acolle a entrega dos XVI Premios Irmandade do Libro

Venres 23 de marzo do 2007

A xornada comeza ás 18,00 cunha viaxe turística por Carballo e pola comarca de Bergantiños. con posterioridade, ás 21.30 h, haberá un cóctel de recepción no Hotel Punta del Este, ao que seguirá unha cea e á apertura do acto. Ás 23,45 h, procederase á lectura da acta do xurado e á proclamación de gañadores/as, entrega de galardóns e intervención dos/as gañadores/as, para rematar a xornada coas intervencións institucionais. Os finalistas desta edición son, na categoría de Centros de ensino, o CEP Marcos da Portela, de Monteporreiro, Pontevedra, o CEIP Castrelo, de Cambados e o CEIP San Martiño, de Igrexa, Salcedo, Pontevedra. En canto ao Libro do ano, os finalistas son Home sen nome, de Suso de Toro, Os libros arden mal, de Manolo Rivas e Pepa a Loba, de Carlos Reigosa. Os da Obra editorial do ano son Diciopedia do Século 21, de Editorial Galaxia, Edicións do Cumio e Ediciós do Castro, O feísmo, de Difusora das Letras, Artes e Ideas, e Colección Rescate, da Editorial Alvarellos. As Institucións nominadas son a Fundación Alexandre Bóveda, o Centro de Investigación Ramón Piñeiro e a Biblioteca Municipal de Cambre. En canto aos Medios de comunicación e novas tecnoloxías, os finalistas son Faro das Letras, Programa A casa do vagabundo, da Radio Galega e a Biblioteca Virtual (BIVIR), da Asociación de Tradutores/as Galegos/as. Por último, os finalistas na categoría de Libraría son Ler, de Santa Comba, Andel do Libro Galego e Portugués, de Vigo, Libraría Nós, da Coruña e Libraría Torga, de Ourense.

Compartir: