Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado o contrato para a ampliación de...

OBRAS

Asinado o contrato para a ampliación de beirarrúas e dotación de mobiliario urbano na rúa Gran Vía

Xoves 22 de marzo do 2007

O proxecto recolle a ampliación de beirarrúas, cun sobreancho das mesmas no que as rampas para aliminación de barreiras arquitectónicas e outras resolveranse con baldosa de distinta cor. As beirarrúas executaranse cunha lixeira pendente cara a calzada, para favorecer a escorrentía das augas pluviais. Os sumidoiros previstos conectaranse á red de pluviais existente, mentres que se comprenderá a colocación de farolas ao tresbolillo coa correspondente zapata e luminarias, canalización eléctrica cableada e cadro de mando e protección. En canto ao mobiliario urbano, o está prevista a colocación de papeleiras acabadas en madeira, bancos de 2.400 mm. de lonxitude e 780 mm. de altura total e xardineras cadradas de 100 x 100 cm. e 110 cm. de altura. O obxectivo do goberno local, con esta actuación, é o de seguir humanizando a localidade, prestando mellores servizos aos veciños e mellorando as prestacións dunha das arterias importantes do concello, como é a rúa gran Vía.

Compartir: