Inicio Carballo ao día Hemeroteca ‘O mar nos fondos’, primeira exposición...

CULTURA

‘O mar nos fondos’, primeira exposición incluida no programa ‘A Culturaeduca’

Mércores 21 de marzo do 2007

Trátase dunha selección de 40 obras significativas presentes na colección pictórica de Caixa Galicia, que ten como temática central o mar, os mariñeiros e as paisaxes mariñeiras. A mostra configura un fermoso percorrido pola arte galega desde finais do século XIX até a actualidade. A exposición inclúe obras de diferentes artistas galegos, como Isidoro Brocos, Francisco Llorens, Urbano Lugrís, Arturo Souto, Isaac Díaz Pardo, Modesto Brocos, Alfonso Rodríguez Castelao, Manuel Abelenda, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Eugenio Fernández Granell, Mario Fernández Granell, Tino Grandío, Lago Rivera, Darío Álvarez Basso, José Ramón Morquecho, Francisco Leiro, Xavier Correa Corredoira e Carlos Bóveda. A través das súas obras mostran diferentes técnicas e estilos como plumilla e acuarela sobre papel, lapis de grafito sobre papel, óleo sobre lenzo, tinta sobre papel ou acuarela sobre papel.

Compartir: