Inicio Carballo ao día Hemeroteca O conselleiro de Medio rural visita Carballo

VISITA INSTITUCIONAL

O conselleiro de Medio rural visita Carballo

Xoves 22 de setembro do 2005

A visita institucional do novo conselleiro de Medio rural ten como obxectivo darlle a coñecer ao novo responsable desta área no Goberno galego a situación e as problemáticas co sector agrogandeiro na zona de Carballo, así como presentar a Alfredo Suárez Canal a todos os actores sociais relacionados coa área de Medio rural.

Tras a recepción oficial que se lle ofrecerá na alcaldía, o conselleiro de Medio rural ofrecerá unha rolda de prensa na sala de xuntas do Concello, ás 10.30 horas. Para media hora máis tarde, está previsto que manteña un encontro aberto co sector agrogandeiro da comarca de Bergantiños para tratar as problemáticas que lles afectan. Á reunión están convidados os sindicatos e todos os gandeiros e labregos que estean interesados.

A partir das 11.30 horas, Suárez Canal comezará a visitar as obras que o Concello está a realizar dentro do programa Agader. A primeira delas é a do acondicionamento da ribeira do río Anllóns e a zona do Bosque do Añón - A Lagoa. Ás 12.15, está previsto que o Conselleiro visite as obras - tamén do programa Agader - consistentes no acondicionamento do contorno da férveda de Entrecruces.

Compartir: