Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas licenzas para a construcción de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas licenzas para a construcción de dúas vivendas unifamiliares

Luns 19 de marzo do 2007

A Xunta de Goberno Local apropuu tamén prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a adxudicación de tres obras incluidas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal e rede Viaria Local 2007. Trátase do Acondicionamento de Praza municipal en Ramil, Acondicionamento de pista en Rus e Afirmado de camiño a Arnados a Razo da Costa. Nos tres casos, aprobouse o prego mediante subhasta, procedemento aberto, e que se considera parte integrante do contrato. Ademáis, aprobouse un convenio marco de colaboración entre o Concello de Carballo e a empresa nacional Mercasa, ademáis da dación de conta do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Carballo para a participación na protección de núcleos rurais mediante a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais nas faixas de especial protección. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a autorización de cinco vaos permanentes nas rúas Gran Vía (2), Vila de Caión, Vila de Noia e Cuba.

Compartir: