Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Presuposto Xeral do Concello para 2007...

ECONOMÍA

O Presuposto Xeral do Concello para 2007 achégase aos 20 millóns de euros

Venres 16 de marzo do 2007

En canto ás inversións, destacan as partidas de 960.000 euros para a compra de terreos, 687.656,41 euros para o plan de obras e servizos, 644.495,07 euros para actuacións medioambientais do plan Agader, 500.000 euros do Centro de Formación, 350.000 euros para a Escola Infantil e 270.000 euros para infraestructura viaria. Ademáis, recóllense outras partidas destinadas ao edificio do polígono industrial, á revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, inversións en instalacións deportivas, inversións en colexios, eliminación de barreiras arquitectónicas e saneamento e abastecemento de auga, entre outras. O documento presenta un incremento presupostario dun 42% en relación ao ano 2003. O concelleiro de Facenda, José Antonio Viña, sinalou na presentación do Presuposto que "é moi regular, no sentido de que non hai ingresos extraordinarios nin contempla partidas de ingresos susceptibles de grandes variacións. O documento coloca ao Concello nunha meseta de estabilidade, con marxe para seguir medrando e con capacidade financieira". O concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, salientou que "nos agrada aprobar o quinto presuposto desta corporación, que sigue unha liña continuista. Detrás hai un traballo político que espero que a xente valore". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou que "é o presuposto do fin dun mandato pero deixando os deberes feitos. O orzamento é o documento máis importante que aproba unha corporación en período anual e a nova corporación vai dispoñer dun remanente dun millón de euros para marcar novas estructuras que quera establecer. Hai que destacar o esforzo de integración do todas as forzas para chegar a un documento de mínimos. É importante que o traballo está feito". O goberno local valorou os esforzos orzamentarios feitos durante este mandato en materias como medio ambiente, educación, emprego, promoción económica ou servizos sociais.

Compartir: