CULTURA
Carballo acollerá a entrega dos XVI Premios Irmandade do Libro
Venres 16 de marzo do 2007
Os finalistas desta edición son, na categoría de Centros de ensino, o CEP Marcos da Portela, de Monteporreiro, Pontevedra, o CEIP Castrelo, de Cambados e o CEIP San Martiño, de Igrexa, Salcedo, Pontevedra. En canto ao Libro do ano, os finalistas son Home sen nome, de Suso de Toro, Os libros arden mal, de Manolo Rivas e Pepa a Loba, de Carlos Reigosa. Os da Obra editorial do ano son Diciopedia do Século 21, de Editorial Galaxia, Edicións do Cumio e Ediciós do Castro, O feísmo, de Difusora das Letras, Artes e Ideas, e Colección Rescate, da Editorial Alvarellos. As Institucións nominadas son a Fundación Alexandre Bóveda, o Centro de Investigación Ramón Piñeiro e a Biblioteca Municipal de Cambre. En canto aos Medios de comunicación e novas tecnoloxías, os finalistas son Faro das Letras, Programa A casa do vagabundo, da Radio Galega e a Biblioteca Virtual (BIVIR), da Asociación de Tradutores/as Galegos/as. Por último, os finalistas na categoría de Libraría son Ler, de Santa Comba, Andel do Libro Galego e Portugués, de Vigo, Libraría Nós, da Coruña e Libraría Torga, de Ourense. O autor ou autora do ano darase a coñecer o mesmo día 23 de marzo.