MEDIO AMBIENTE
O Concello repartirá 110.000 landras de carballo na celebración do Día da Árbore
Venres 16 de marzo do 2007
A iniciativa responde á necesidade de repoboar os montes e contribuir á preservación dos bosques. Os propios envoltorios das landras recollen ás instrucción para levar a bo termo a prantación da mesma, contrubuíndo así á expansión do carballo, unha árbore dunha grande tradición nos bosques autóctonos. A campaña, promovida polo Concello de Carballo e La Voz de Galicia, conta tamén coa colaboración da Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia, Xestur e Sogama.