Inicio Carballo ao día Hemeroteca Dúas psicólogas ofrecen unha nova...

CULTURA

Dúas psicólogas ofrecen unha nova charla do ciclo ‘Aprender para Educar’

Xoves 15 de marzo do 2007

Marta Vázquez e Beatriz Menéndez Canzobre falarán da educación afectivo-sexual cunha conferencia baixo o título de Mamá, como se fan os nenos?. Educar acerca dos sentimentos, as emocións, a intimidade e o sexo é un traballo fundamental que corresponde ás familias. É por iso que transmitir aos nenos e nenas desde as primeiras idades unha idea positiva e sen prexuízos sobre a sexualidade, inculcando valores de igualdade e respecto, é de suma importancia. Cómpre que pais e nais saiban que calquera idade é boa para falar de sexo e que ningunha pregunta é embarazosa. A entrada á conferencia é libre e haberá servizo de gardería con previa reserva no teléfono 981704300. O ciclo Aprender para Educar rematará o 30 de marzo cunha conferencia a cargo de Xesús Fortes, licenciado en psicoloxía e profesor no Ciclo Superior de Educación Infantil no IES Portovello de Ourense.

Compartir: