Inicio Carballo ao día Hemeroteca As piscinas de Carballo aumentaron os accesos un...

DEPORTE

As piscinas de Carballo aumentaron os accesos un 10% durante 2006

Mércores 14 de marzo do 2007

A piscina Carballo Calero rexistrou en 2006 un total de 51.784 usos, máis de 7.000 con respecto ao ano 2005. Na piscina Vila de Noia rexistráronse 77.973 usos, case 5.000 máis que no exercicio anterior. En canto aos inscritos en actividades por entidades nas piscinas municipais doron un total de 2.237, divididos en cursillos do Padroado Deportivo Municipal (709), Colexios -Natación Escolar- (605), IES Alfredo Brañas (480), Fogar Natación Carballo (227), Sysca (148), Aspaber (45), IES Parga Pondal (15) e Los Chopos (8). En relación ao programa Deporte na Escola, participan os colexios do Concello de Carballo durante dúas e tres sesións semanais os cursos de 2º e 3 º de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Son un total de 1.592 alumnos, dos que destacan os 650 do Fogar, 477 do Bergantiños e 217 da Cristina.

Orzamento

O Padroado Deportivo Municipal deu a coñecer tamén o orzamento para 2007, que ascende a 811.898 euros, cifra moi similar á do pasado exercicio. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou na presentación deste balance do Padroado que "o Concello e o Padroado están a facer un esforzo moi importante para manter todas as actividades e creo que se está na boa liña. Que haxa un núemro de usuarios tan elevado quere demostrar que este modelo deportivo ten un percorrido importante". En canto ao orzamento, Evencio Ferrero manifestou que "vese a evolución no número de aboados e a estabilización da cifra, o que permite facer un axuste máis preciso de gastos e ingresos, e sendo esta a causa polo que o orzamento é moi semellante ao do ano pasado".

Compartir: