Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os ENL de Carballo solicitan que se lle dedique o...

CULTURA

Os ENL de Carballo solicitan que se lle dedique o Día das Letras Galegas a Xesús San Luís Romero

Mércores 14 de marzo do 2007

Todas estas entidades recibirán nos próximos días unha carta na que se lles explica o proceso e a importancia da solicitude e un modelo de declaración de apoio que poderán devolver asinada para sumarse á iniciativa.

Até agora xa manifestaron o apoio os ENL dos centros de ensino, mais é fundamental implicar os diferentes sectores culturais e educativos da vila no proceso: asociacións (culturais, empresariais, etc.), anpas, prensa, Concello de Carballo..., e tamén zapateiros/as, profesión que practicou o propio Xesús San Luís Romero.

Que se homenaxee co Día das Letras Galegas a San Luís Romero significará que se lle dediquen numerosos recursos e esforzos, institucionais e non institucionais, a investigar, estudar, analizar, publicar e difundir a vida e obra do autor o que contribuirá, ao mesmo tempo, a promocionar o concello de Carballo e a comarca de Bergantiños.

Xesús San Luís Romero naceu en Carballo en 1872, onde cursou os estudos primarios e onde comezou a traballar de zapateiro. Con 20 anos emigrou á Arxentina e alí comezou a publicar versos e pezas teatrais. En 1908 volveu a Galiza e montou un obradoiro de zapateiro en Santiago, mais tamén retomou a escrita e chegou a ser tenente de alcalde de Compostela durante a República. Nas súas obras destaca a liña social e o ataque anticaciquil. A súa peza de maior éxito foi O fidalgo, estreada no Teatro Principal de Santiago en 1918, que se representou numerosas veces dentro e fóra do país (unhas sesenta antes de 1930) e que estivo a piques de ser levada ao cine.

O blog de Literactúa

Compartir: