PATRIMONIO
A Xunta autoriza a limpeza e sinalización do Castro de Ouxas
Martes 13 de marzo do 2007
O Concello de Carballo remitira o proxecto á Xunta de Galicia o pasado mes de novembro, xunto cos de Castro de Serantes e Ponte Lubiáns e o anteproxecto do Castro de Serantes. A intención do Concello é a de realizar diferentes actuacións par a posta en valor dos seus recursos patrimoniais. No caso do Castro de Ouxas, preténdese realizar a limpeza e retirada do mato vexetal, a mellora na identificación das estructuras e carácterísiticas e o plano de divulgación pedagoxica. A actuación, segundo recollía a proposta do Concello, prolongaríase por espazo de oito días.