INDUSTRIA
O BOP saca a información pública a solicitude de autorización para un parque eólico en Carballo
Martes 13 de marzo do 2007
O parque contará con trece aeroxeneradores, cunha potencia de dous megavatios cada un, que pasarían a ser os máis potentes de toda a Costa da Morte. Un dos aeroxeneradores ubicaríase no Concello de Laracha, concretamente en Lemaio. O parque carballés, que se denominará parque eólico de Pedrarrubia, pasará a alcanzar unha potencia instalada de 26 megavatios. Este parque pasará a ser, de cumplirse os trámites administrativos, o primiero situado na capital da comarca de Bergantiños. En toda a Costa da Morte hai, na actualidade, un total de once parques eólicos.