Inicio Carballo ao día Hemeroteca O presidente de Xestur reuniuse con empresarios...

INDUSTRIA

O presidente de Xestur reuniuse con empresarios do polígono industrial

Luns 12 de marzo do 2007

Os empresarios afectados por esta situación deberán presentar a certificación do número de metros cadrados que posúen, a actividade que pretenden realizar, a inversión e o número de empregos que crearán. A partir de aí, unha comisión formada polo presidente de Xestur, o alcalde de Carballo e representantes dos empresarios realizarán a adxudicación a cada un dos solicitantes dos metros cadrados que necesiten. Xestur adquirirá a superficie restante a 7,5 euros por metro cadrado. Os empresarios que se deron cita na casa consistorial contan con preto de 350.000 metros cadrados na segunda fase do polígono, sendo a Consellería de Vivenda e Solo titular doutros 250.000 metros cuadrados. Xestur ten a intención de licitar as obras no vindeiro mes de abril.

Compartir: