Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello coñece as vantaxes da...

TECNOLOXÍA

O Concello coñece as vantaxes da aplicación do programa Cidades Dixitais

Xoves 8 de marzo do 2007

No encontro de traballo participaron técnicos que explicaron polo miúdo os detalles da posta en marcha do proxecto Cidades Dixitais na súa primeira fase, e posteriormente visitaron o telecentro da parroquia de Someso, un dos que se equiparon con ordenadores e conexión a INTERNET a través de satélite, cámaras web e outros dispositivos. Estes centros veciñais abre nun determinado número de horas cada semana, e durante ese tempo, os equipos e conexións están a disposición de calquera veciño ou veciña, de xeito gratuíto. Os posibles usuarios recibiron xa cursos de alfabetización informática, e ademais traballa nos centros unha dinamizadora dixital, é dicir, unha persoa que lles axuda e anima a utilizar os medios postos á súa disposición. A intención do Concello de Carballo, coa participación neste programa, é o de dotar aos locais sociais das parroquias destas vantaxes e se constitúan como telecentros. É un paso máis do Concello no ánimo de adaptarse ás novas tecnoloxías e dotar á veciñanza de máis servizos, como xa fixo sendo un dos primeiros concellos de Galicia en sumarse ao proxecto Administratel. No que atinxe aos fondos, estímase que o orzamento oscilará entre os 600.000 e 1.200.000 euros, dos que o Ministerio aportará o 50%, mentres o 50% restante será acometido polos concellos beneficiarios, a Xunta de Galiza e a iniciativa privada.

Compartir: