Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello amplía o programa ‘A...

CULTURA

O Concello amplía o programa ‘A Culturaeduca’, dirixido aos centros de escolares de Carballo

Xoves 8 de marzo do 2007

O programa presentado este xoves inclúe unha novidade con tres propostas centradas no coñecemento do contorno, con tres charlas a cargo de Xan Fernández Carrera, Fernando Cabeza Quiles e Xan Fraga Rodríguez. En canto ás exposicións, haberá tres. A primeira é O mar nos fondos da colección Caixa Galicia, do 22 de marzo ao 6 de maio, e a segunda é A través das enerxias, do 26 de marzo ao 9 de abril, e a terceira é Historia dos números, do 7 de maio ao 3 de xuño. Todas as mostras estarán no Pazo da Cultura. Nesta mesma instalación terán lugar as tres representacións teatrais incluidas no programa de A Culturaeduca. Son Quero ser grande, de Talía Teatro, os días 24 e 25 de abril, Apareció, de Teatro Tyl Tyl, o 2 e 3 de maio, e Concerto bífido, o 8 de maio. O programa complétase cun concerto didáctico a cargo do Grupo de percusión attacca, os días 17 e 18 de abril, tamén no Pazo da Cultura. A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, destacou na presentación "a función formativa dos espectáculos e actividades culturais, mostra do compromiso coa educación dos cidadáns".

Compartir: