Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os comerciantes de Carballo valoran positivamente...

MEDIO AMBIENTE

Os comerciantes de Carballo valoran positivamente a campaña ‘Carballo Limpo’

Martes 6 de marzo do 2007

Até o momento foron 276 as empresas visitadas e espérase que este número supere as 600 unha vez rematada a campaña. Na mesma enquisa, o 93,84% dos comerciantes considera acertado o horario de recollida a partir das 20,00 horas, o 29,35% utilizou o Punto Limpo nalgunha ocasión e o 15,94% solicitou os servizos do Punto Limpo Móbil nestes meses. Xunto con estes datos, os servizos de Medio Ambiente están a recoller moitas outras suxestións que están sendo estudiadas e moitas delas xa están sendo atendidas. Desde o Concello de Carballo agradécese a confianza e a satisfacción dos comerciantes e reitérase a idea de que este grado de satisfacción non sería posible sen a colaboración de todos e todas.

Compartir: