Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello asina tres contratos para a mellora de...

OBRAS

O Concello asina tres contratos para a mellora de servizos en varias parroquias

Martes 6 de marzo do 2007

A primeira fase da rede de sanemento no lugar de Añón, en Berdillo, foi adxudicada por un importe de 66.777,96 euros, sendo o prazo de execución de catro meses, contados a partir do día seguinte á sinatura da acta de replanteo. Ésta deberá facerse no prazo dun mes. No caso da primeira fase da rede de saneamento no lugar de Zarrallo, en Sofán, ésta foi adxudicada por un importe de 51.282,62 euros, sendo o prazo de execución tamén de catro meses. Polo que respecta ás beirarrúas en Ardaña, foron adxudicadas por 88.000 euros e cun prazo de execución de catro meses. Esta última actuación dá continuidade á rede de sanemaneto no lugar de Santa María, na que se fixo unha ampliación da calzada para colocar as beirarrúas. As tres obras supoñen unha aposta do goberno municipal por dotar ás zonas rurais de máis e mellores servizos e equipamentos para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Compartir: