Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello finaliza o acondicionamento das...

DEPORTE

O Concello finaliza o acondicionamento das instalacións deportivas do Chorís

Martes 20 de setembro do 2005

As instalacións deportivas que se acaban de rematar ocupan unha superficie aproximada de 6.000 metros cadrados e inclúen unha pista polideportiva, de 1.260 metros cadrados, un campo de fútbol 7 de terra non drenante, que ocupa un total de 1.696 metros cadrados, unha pista de atletismo con tres vías e un foso de saltos para triple salto e salto de lonxitude, para o que foron destinados 1.164 metros cadrados.

O rexedor incidiu na importancia destas novas instalacións como espazo de lecer tanto para os alumnos do IES Alfredo Brañas como para todos os cidadáns de Carballo que poderán facer uso delas en horario non lectivo, "co que se conseguirá tamén revitalizar o barrio", explicou.

Compartir: