Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo será unha das sedes da Semana do...

CULTURA

Carballo será unha das sedes da Semana do Libro que promove a Consellería de Cultura

Martes 6 de marzo do 2007

As Semanas do Libro e a Lectura contarán con actividades dirixidas ao alumnado en horario escolar, cun obradoiro de ilustración que tomará como referentes a Kiko da Silva, Pepe Carreiro, Noemí López e Anxo Fariña, obradoiros de creación literaria e animación á lectura con Sechu Sende, Tagen Ata, Sabela Gago e Antón Cortizas, de banda deseñada, de música con Antón Castro, Marta Pumares e Vanesa Tella, de expresión teatral e monicreques con Nekane Fernández e María Inés Cuadrado, un de plastilina e globoflexia con Esther Mourenza, outro de monicreques con Andrea Bayer de Galitoon e, por último, un de contacontos con Ana Carreira, OQO, Anxo Moure, Pavís Pavós, Benxamín Diéguez e o Circo das Pulgas. As Semanas do Libro e a Lectura tamén están dirixidas aos maiores con actividades de carácter formativo destinadas ao profesorado. Levaranse a cabo varias xornadas arredor de 'O medo na literatura', `Crear creadores', 'As bibliotecas escolares', 'A música e a literatura' cun percorrido polo cancioneiro da música tradicional galega con Antón Castro, Paulo Nogueira e Magoia Bodega e un obradoiro de expresión corporal. E ao encontro `Falan os autores/as' asistirán Xabier P. Docampo, Manuel Rivas, Agustín Fernández Paz, Antonio García Teijeiro, Armando Requeixo, Antonio Reigosa e Agustín Fernández Paz. Haberá contacontos diarios e actividades para pais e nais sobre 'Como facer lectores' xunto a exposicións de libros, mostras de ilustracións e de materiais elaborados polos alumnos.

Compartir: