Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o convenio para o cambio da herba...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o convenio para o cambio da herba artificial no campo de fútbol de As Eiros

Luns 5 de marzo do 2007

A Xunta de Goberno Local aprobou inicialmenteo plan de sectorización da terceira fase do polígono industrial de Bértoa, nos dous ámbitos de 426.300 e 114.400 metros cadrados, logo de ser remitido recentemente ao Concello de Carballo por parte de Xestur. Autorizáronse tamén catro licenzas de obra para vivendas unifamiliares nos lugares de Mirón (Bértoa), Sambade (Rebordelos) e Cances Grande, ademáis da adxudicación da obra Ampliación de beirarrúas e dotación de equipamento urbán na rúa Gran Vía, cun prazo de execución de tres meses, e a autorización de nove vaos permanentes nas rúas Vila de Cee, Río Miño, Berdillo, Gran Vía, Compostela, Oriente, avenida Ponte da Pedra, Fábrica e Ourense. A sesión completouse coas certificacións primeiras das obras Rede de saneamento en Cances da Vila 1ª Fase - parroquia de Cances, por importe de 40.455,88 euros, Completar e reparar beirarrúas na avenida Bergantiños, Vila de Corcubión e Vila de Ordes, por importe de 58.500 euros e Construcción dunha rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa, por importe de 14.102,35 euros. Aprobouse tamén a solicitude de dúas subvencións, para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán e para a contratación de traballadores desempregados, ademáis da concesión dunha subvención a ANPA A Granxa para a biblioteca escolar do CEIP Bergantiños.

Compartir: