CULTURA
O trío Nordestin@s retoma a programación dos Venres Culturais
Venres 2 de marzo do 2007
Neste proxecto, as voces de Guadi Galego e Ugía Pedreira modelan o repertorio mariñeiro do Norte, achegándose á súa infancia, á música popular que lle transmitiron seus pais: cancións populares dos 70, habaneiras, cancións mariñeiras, cancións de taberna... xuntándoa coas súas propias composicións que tamén miran ao mar. Todo isto envolto cos arranxos, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos galegos de jazz, o lucense Abe Rábade. Unha mestura espontánea e natural. Nordestin@s acadou o primieiro posto nos VI premios Opinión de música folk, organizados polo diario La Opinión, galardón que xa conseguiran en anteriores edicións a gaiteira Susana Sivane ou os grupos Berrogüetto ou Milladoiro. O prezo da entrada é de 3 euros, habendo prezo reducido de 2 euros para menores de 12 anos, estudantes e maiores de 65 anos.