Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local reúnese o luns en...

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o luns en sesión ordinaria

Xoves 1 de marzo do 2007

A Xunta de Goberno Local tamén abordará a aprobación inicial do plan de sectorización da terceira fase do polígono industrial de Bértoa, nos dous ámbitos de 426.300 e 114.400 metros cadrados, logo de ser remitido recentemente ao Concello de Carballo por parte de Xestur. A orde do día tamén contempla a autorización de catro licenzas de obra para vivendas unifamiliares nos lugares de Mirón (Bértoa), Sambade (Rebordelos) e Cances Grande, ademáis da adxudicación da obra Ampliación de beirarrúas e dotación de equipamento urbán na rúa Gran Vía e a autorización de nove vaos permanentes nas rúas Vila de Cee, Río Miño, Berdillo, Gran Vía, Compostela, Oriente, avenida Ponte da Pedra, Fábrica e Ourense. A sesión completarase coas certificacións primeiras das obras Rede de saneamento en Cances da Vila 1ª Fase - parroquia de Cances, Completar e reparar beirarrúas na avenida Bergantiños, Vila de Corcubión e Vila de Ordes e Construcción dunha rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa, ademáis da solicitude de dúas subvencións, para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán e para a contratación de traballadores desempregados, e a concesión dunha subvención a ANPA A Granxa para a biblioteca escolar do CEIP Bergantiños.

Compartir: