Inicio Carballo ao día Hemeroteca O ciclo Aprender para Educar aborda a importancia...

ENSINO

O ciclo Aprender para Educar aborda a importancia do xogo e o xoguete

Xoves 1 de marzo do 2007

María Xesús Enguídanos da Importancia do xogo e o xoguete, unha conferencia que parte de idea de que se a educación dos fillos e fillas parece algo moi importante, non se pode deixar que intereses exclusivamente comerciais marquen e monopolicen o tempo de lecer. A charla aborda o reto dos pais e nais de conseguir que o tempo de lecer sexa grato e proveitoso para os nenos e nenas, sabendo que nestas idades xogar é imprescindible e ter tempo para xogar con eles é o que máis agradecen. A entrada á conferencia é libre. O ciclo Aprender para Educar continuará o 16 de marzo cunha conferencia a cargo das psicólogas Marta Vázquez e Beatriz Menéndez.

Compartir: