Inicio Carballo ao día Hemeroteca FESGA presenta un estudo socioeconómico da...

ECONOMÍA

FESGA presenta un estudo socioeconómico da bisbarra de Bergantiños

Mércores 28 de febreiro do 2007

A Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galicia presenta un documento composto de 140 páxinas. Este inclúe información estatística, unha reseña histórica e cultural, unha valoración dos concellos, as institucións e as organizacións económicas e sociais sobre a situación da comarca, unha análise das alternativas e un repaso de experiencias que poden servir como referencia. O estudo sobre Bergantiños sucede ao que xa se fixera da comarca de Fisterra e Muros. A CIG, ademáis, ven de anunciar que nos vindeiros meses publicarase outro coa Terra de Soneira como referente.

Compartir: