SESIÓN PLENARIA
A corporación municipal aprobou o anteproxecto de sanemento en Razo
Mércores 28 de febreiro do 2007
Outro dos acordos adoptados na sesión foi a toma de posesión do concelleiro do grupo político municipal do PSdeG-PSOE, Pedro Luis Fernández Pombo, logo da renuncia ao seu cargo de concelleiro de Manuel Trigo. A corporación municipal aprobou, ademáis, a conta de recadación do exercicio de 2006, a tarifa media vixente dos servizos de Auga Potable e Depuración de Augas Residuais e Canon de Aquagest e a depuración física de varias fincas de titularidade municipal sitas no Campo da Feira de Carballo. Deuse conta tamén, na sesión plenaria, dos vocais representantes de entidades, asociacións e deportistas no Consello Reitor do Padroado Deportivo Municipal.