TURISMO
O Concello participa en Expourense de Xantar, o Salón Galego de Gastronomía
Mércores 28 de febreiro do 2007
O pan de Carballo, o produto gastronómico máis típico do concello, é un dos protagonistas do menú que achega a Xantar a Fundación Amigos de Galicia. O Concello ten a ocasión de promocionar ante as institucións, profesionais e público en xeral os seus recursos gastronómicos e turísticos. A Fundación Amigos de Galicia ofrece no seu restaurante un completo menú integrado polos productos máis representativos dos concellos galegos de Portas, A Baña, Vilagarcía, Burela e Carballo. A principal novidade deste ano será a presenza de México como país invitado. Esta é a primeira vez que participa unha gastronomía non ibérica no certame e ofrecerá a posibilidade de coñecer de primeira mán a gastronomía, restauración, recursos turísticos e folclore deste país. Nesta oitava edición de Xantar participan un total de 19 restaurantes, nos que tamén estará presente a gastronomía das comunidades autónomas invitadas nesta ocasión: Asturias, Andalucía e Castela-León. Ademáis, cóntase cunha ampla representación da cociña galega, como a da A Guarda, Lugo, Val de Lemos, Celanova, O Carballiño, o Barco de Valdeorras, A Veiga e a comarca de Baixa Limia entre outras. O principal obxectivo de Xantar á defender a calidade de gastronomía galega, polo que non faltarán á cita representacións das catro provincials galegas, da Xunta de Galicia e das máis de 300 festas gastronómicas ou históricas máis populares celebradas en Galicia.