Inicio Carballo ao día Hemeroteca Teresa Moure continúa o ciclo...

CULTURA

Teresa Moure continúa o ciclo ‘Literactúa’ no Café Valle Inclán de Carballo

Martes 27 de febreiro do 2007

Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o temor ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación anti-globalización. Gañou premios como o Lueiro Rey de novela curta 2004 pola novela A xeira das árbores, o Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 con Outro idioma é posible (2005), o Xerais de Novela 2005 con Herba Moura, o Premio Irmandade do Libro á Autora do ano 2005, o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, o Premio Benito Soto á mellor novela de 2005 por Herba moura, o Premio da Crítica Española 2005 tamén por Herba moura, etc. Toda a información do programa Literactúa está actualizada no blog www.carballo.org/literactua, onde se anunciarán e comentarán os libros propostos, onde se difundirán os actos cos autores e autoras, onde haberá información completa do programa, onde todas e todos poderedes comentar e opinar e desde onde se fará un seguimento actualizado de todas as accións que se desenvolvan. Ademais de Tres segundos de memoria e Herba moura, o libro que completará o primeiro trimestre de Literactúa será Spam, de Francisco Castro, que estará o mércores 28 de maio no Café-Taberna O Patacón, a partir das 20.30 horas.

Compartir: