Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os centros de ensino de Carballo traballan a...

ENSINO

Os centros de ensino de Carballo traballan a interculturalidade por medio de obradoiros

Venres 23 de febreiro do 2007

O obradoiro Educar para convivir pretende achegarse ao alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria para traballar aspectos coma a tolerancia ou a igualdade, mediante actividades relacionadas coa inmigración, a exclusión e os Dereitos Humáns. As sesións teñen unha duración de dúas horas lectivas. Comézase cunha actividade na que se traza unha liña divisoria imaxinaria, instando a que se posicionen nun lado ou noutro respecto a súa interpretación dunha serie de frases un tanto conflictivas e explicar os motivos de tal posicionamento. Logo, xogando, váiselles dotando de coñecementos que poidan trocar a súa valoración inicial da situación proposta, e actuar con tolerancia e racionalidade. A continuación comézase cunha breve explicación acerca de qué son os Dereitos Humáns e realízase unha actividade relacionada con eles. De seguido, faise lectura dun texto onde se expón unha problemática concreta e onde os alumnos deben elexir entre tres opcións posibles, establecéndose así un debate. Para rematar, o alumnado debe facer un debuxo que atenderá a unha pregunta que se lle relaciona.
O obradoiro ¿Cómo falamos dos inmigrantes? Nombres, adxectivos e xenofobia está dirixido ao alumnado de 3º da ESO e ten unha duración de 50 minuntos. Comézase falando das problemáticas cos que traballa Médicos do Mundo en España e por que o fai, a que necesidades responde esa actuación; de seguido, ponse un documental acerca do drama da inmigración (e concretamente das pateras/caiucos) e logo plantéxanse unha serie de cuestións a debatir, tratando se acabar cos estereotipos e que a inmigración sexa vista dun xeito positivo, polo que aporta á sociedade de acolllida. O obxectivo perseguido é tratar a carencia de información real que se ten sobre a situación dos inmigrantes, o tratamento que deles se fai dende os medios de comunicación, os prexuízos e, finalmente, analizar os motivos polos que existe o racismo e a xenofobia, así como plantexar alternativas que eliminen estes sentimentos infundidos e asimilados dun xeito forma irracional.

Compartir: