ACTO DIVULGATIVO DA PER LOCA MARÍTIMA
Unha conferencia difundirá a importancia de Carballo na época romana
Luns 19 de setembro do 2005
Coa conferencia, a cargo da historiadora Rosa María Franco Maside, preténdese promocionar a vía romana Per loca marítima, nexo de unión entre Portugal e Galicia, que constituiu unha columna vertebral da Costa da Morte, xa que eran moitos os camiños que ían embocar dende os portos ata esta concorrida vía.
Tras o acto, haberá un xantar no restaurante do Pazo da Cultura para todos aqueles que se anoten antes do xoves 22 de setembro no teléfono 669 506 304 (María) do Colectivo Avante Costa da Morte.