LITORAL
Aberto o prazo para a colocación de instalacións de tempada de praias
Venres 23 de febreiro do 2007
Todos os interesados en colocar a súa instalación no litoral de Carballo deberán presentar a documentación esixida para tal fin, que será facilitada polo Concello de Carballo nas súas Oficinas Municipais. Esta deberá ser cumplimentada e presentada no Rexistro de Entrada do Concello dentro do prazo sinalado, sendo o horario para retirar a documentación de 09,00 a 14,00 horas.