Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xestur remitiu ao Concello o plan de...

INDUSTRIA

Xestur remitiu ao Concello o plan de sectorización da terceira fase do polígono industrial

Xoves 22 de febreiro do 2007

A nova proposta é remitida para a aprobación da mesma por parte da Xunta de Goberno Local, previo paso do informe correspondente por parte dos técnicos locais para ver se está adaptado ás recomendacións dos propios técnicos. De ser o informe positivo, o plan de setorización será remitido á Xunta de Goberno Local, para despois continuar cos trámites propios de Xestur. A remisión do plan de sectorización da terceira fase do polígono indistrial de Bértoa supón un paso máis na ampliación do mesmo, que pasará a ter unha superficie de 1.800.000 metros cadrados no seu conxunto. A inversión total prevista para o desenvolvemento do polígono industrial, coa urbanización, movemento de terras e expropiación, ascende a 35 millóns de euros.

Compartir: