Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha unha campaña...

MEDIO AMBIENTE

O Concello pon en marcha unha campaña ambiental dirixida ao alumnado dos centros escolares

Xoves 22 de febreiro do 2007

Se o tempo o permite, a primeira visita ao litoral carballés farase o venres 2 de marzo, na que participará o alumnado do terceiro ciclo de primaria do colexio Nétoma-Razo. As saídas divulgativas á franxa de Razo-Baldaio, ademais de para educar á xuventude no coñecemento e o respecto do entorno, servirá para continuar a formación das mariscadoras de Baldaio no obxectivo de que podan ser elas mesmas as que dirixan este tipo de visitas. Do 7 ao 21 de marzo, as actividades concentraranse no colexio de A Cristina, coa celebración de obradoiros e diferentes actividades relacionadas co medio ambiente. Do 21 ao 28 de marzo, a campaña seguirá no CRA Ponte da Pedra e, a partir do 10 de abril, nos colexios A Cristina e Bergantiños. Esta campaña medioambiental complétase coa edición dun folleto informativo sobre os servizos de recollida de lixo.

Compartir: