CULTURA
Ábrese o prazo para participar do programa da Deputación ‘Vivir o Mundo’
Mércores 21 de febreiro do 2007
Os interesados poden recoller as solicitudes de inscrición no Concello de Carballo, en horario de mañán. No caso de haber máis solicitantes que prazas, celebrarase un sorteo público o venres, 16 de marzo, ás 13,00 horas na Sala de Xuntas. Unha vez que o Concello confirme a obtención da praza, deberase realizar o ingreso da cantidade de 85 euros, na conta que no seu momento se sinale. Durante a estadía en París, que en todo momento estará guiada por monitores especializados e guías locais, os participantes coñecerán in situ lugares como o Montmartre, Sacré Coeur, a Tour Eiffel, Notre Dame, Le Louvre, Les Champs Elysees, Eurodisney... Complementariamente realizaranse actividades culturais e visitas a outros monumentos e lugares de interese histórico-artístico. Todas as actividades incluidas no programa non suporán desembolso ningún para os participantes agás a cota previa sinalada na ficha de inscrición.