Inicio Carballo ao día Hemeroteca O enterro da sardiña porá fin...

CULTURA

O enterro da sardiña porá fin á celebración do Antroido

Luns 19 de febreiro do 2007

Este luns 19 de febreiro, a xornada iniciouse con obradoiros de Antroido para os máis pequenos na Praza do Concello. Pola tarde, a partir das 17,30 horas, celebrarase un baile infantil de Antroido e baile de máscaras no Casino de Carballo, mentres que a Charanga Ruada animará as rúas de Carballo de 19,30 a 01,00 horas. Tamén pola noite, o grupo Troula Animación levará a súa Festa do Circo á Praza do Concello (22,00 horas), rúas Coruña e Valle Inclán (22,30 horas) e rúa da Estrella (01,00 horas). O martes 20 de febreiro, ademáis do enterro da sardiña, celebraranse máis obradoiros de Antroido para os pequenos, a partir das 11,30 horas na Praza do Concello, un baile de antroido para nenos e maiores e degustación de doces de Antroido no Colexio de Razo, a partir das 17,00 horas, unha festa e baile de disfraces para a terceira idade coa orquestra Super Combo, a partir das 18,00 horas no Pavillón Polideportivo Bergantiños, e a actuación da Charanga Os Chinchorros polas rúas de Carballo, a partir das 19,30 horas.

Compartir: