CULTURA
A choiva obriga a suspender o desfile escolar de comparsas
Venres 16 de febreiro do 2007
O programa do Antroido en Carballo desenvolverase até o vindeiro martes. O sábado 17 de febreiro abrirase a xornada cun obradoiro de máscaras na Ludoteca Municipal, a partir das 12,00 horas. Pola tarde, a partir das 16,00 horas e até as 22,00 horas, celebrarase no Local Social de San Cristovo un festival infantil, con concurso de disfraces, baile de Antroido e degustación de doces de antroido. A partir das 18,00 horas haberá un baile de Antroido para a terceira idade, na Residencia de Maiores da Praza de Vigo, un baile de disfraces infantil e de adultos nas Escolas de Cances, outro das mesmas características no Local Social Casa de Uruguai El Ceibo, a actuación da Charanga Os Chinchorros polas rúas de Carballo e o VI Concurso de Postres de Antroido, na Praza do Concello. o domingo 18 de febreiro a Charanga 68+1 repetirá actuación polas rúas de Carballo, de 17,00 a 01,00 horas, mentres que a partir das 18,00 horas terá lugar na Praza do Concello o Concurso e Desfile de Disfraces, Comparsas e Carrozas, presentado por Os dous de sempre, con máis de 6000 euros en premios. Ás 20,30 horas haberá un Baile de Disfraces coa Orquestra Lamas, tamén na Praza do Concello, organizado pola Concellería da Terceira Idade. O luns 19 de febreiro haberá obradoiros de Antroido para nenos e nenas na Praza do Concello, a partir das 11,30 horas. Pola tarde, a partir das 17,30 horas, celebrarase un baile infantil de Antroido e baile de máscaras no Casino de Carballo, mentres que a Charanga Ruada animará as rúas de Carballo de 19,30 a 01,00 horas. Tamén pola noite, o grupo Troula Animación levará a súa Festa do Circo á Praza do Concello (22,00 horas), rúas Coruña e Valle Inclán (22,30 horas) e rúa da Estrella (01,00 horas). o martes 20 de febreiro celebrarase o fin de festa con máis obradoiros de Antroido para nenos e nenas, a partir das 11,30 horas na Praza do Concello, un baile de antroido para nenos e maiores e degustación de doces de Antroido no Colexio de Razo, a partir das 17,00 horas, unha festa e baile de disfraces para a terceira idade coa orquestra Super Combo, a partir das 18,00 horas no Pavillón Polideportivo Bergantiños, a actuación da Charanga Os Chinchorros polas rúas de Carballo, a partir das 19,30 horas, e o Enterro da Sardinña, que porá fin á festa do Antroido a partir das 21,30 horas, con saída da Praza do Concello e chegada ao Parque do Anllóns.