Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo acode por primeira vez a...

TURISMO

O Concello de Carballo acode por primeira vez a Xantar

Xoves 15 de febreiro do 2007

A principal novidade deste ano será a presenza de México como país invitado. Esta é a primeira vez que participa unha gastronomía non ibérica no certame e ofrecerá a posibilidade de coñecer de primeira mán a gastronomía, restauración, recursos turísticos e folclore deste país. Nesta oitava edición de Xantar participarán un total de 19 restaurantes, nos que tamén estará presente a gastronomía das comunidades autónomas invitadas nesta ocasión: Asturias, Andalucía e Castela-León. Ademáis, contarase cunha ampla representación da cociña galega, como a da A Guarda, Lugo, Val de Lemos, Celanova, O Carballiño, o Barco de Valdeorras, A Veiga e a comarca de Baixa Limia entre outras.O principal obxectivo de Xantar á defender a calidade de gastronomía galega, polo que non faltarán á cita representacións das catro provincials galegas, da Xunta de Galicia e das máis de 300 festas gastronómicas ou históricas máis populares celebradas en Galicia. O director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, manifestou na presentación que "a gastronomía é a segunda motivación pola que os turistas visitan Galicia e ésta é a quinta autonomía na que os visitantes realizan un maior desembolso. Xantar incide no consumo da dieta atlántica e cantábrica, trantado de conxugar a tradición coa innovación". O presidente da Asociación de Hosteleiros de Bergantiños, Manuel Gómez Eiroa, aludiu a que "considerabamos importante acudir a esta cita e o Concello prestouse á colaboración para poder estar aí". O concelleiro de Turismo, Luis Lamas, dixo que "o avanzar cara adiante faise entre todos e debemos consolidar o referente que é o pan de Carballo". Por último, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou na súa intervención que "por primeira vez nun mandato de Carballo hai unha política turística. Carballo ten que poñer en valor os recursos que ten, que son suficientes para facer da Costa da Morte un atractivo para que a xente nos visite".

Compartir: