MEDIO AMBIENTE
A Brigada de Medio Ambiente eliminou nove vertedeiros incontrolados nas últimas semanas
Xoves 15 de febreiro do 2007
O Concello de Carballo procede agora á investigación da procedencia dos vertedoiros, apertura do correspondente expediente informativo e á tramitación do expediente sancionador. Ademáis, o Concello remitirá o correspondente expediente ao SEPRONA.
Outros traballos
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo procedeu ademáis, estes días, á limpeza e desbroce de varias pistas municipais. Trátase do camiño entre a avenida da Cristina e o camiño do Matadoiro, a pista que vai a Quintela, en Artes, e a continuación dos traballos de limpeza da férveda de Rus.