Inicio Carballo ao día Hemeroteca Portos de Galicia remitirá ao Concello...

PORTOS

Portos de Galicia remitirá ao Concello unha proposta de mellora no porto de Razo

Martes 13 de febreiro do 2007

O presidente de Portos de Galicia recoñeceu que o actual porto de Razo necesita unha actuación que o dignifique e mostrouse partidario de realizar esa mellora. Técnicos de Portos de Galicia fixeron xa un levantamento topográfico na zona para, posteriormente, presentar unha proposta de mellora nese ámbito. Tanto Vicente Irisarri como Evencio Ferrero falaron da problemática que entraña a situación actual e emprazáronse a un novo encontro no mes de abril, no que Portos de Galicia dará a coñecer a súa proposta.

Compartir: