Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello destina 14.000 euros a...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello destina 14.000 euros a subvencións para centros de ensino e anpas

Xoves 15 de setembro do 2005

As dez anpas beneficiadas recibirán unha axuda de 700 euros cada unha para organizar actividades durante o ano 2005. As asociacións que obterán a subvención son a San Martiño, do CEIP Nétoma - Razo, A Carballeira, do CRA Ponte da pedra, Pedras brancas, do CEIP Fogar, Os Muíños, do Colexio Artai, A Granxa, do CEIP Bergantiños, O Chorís, do IES Alfredo Brañas, Ameneiro, do IES Monte Neme, A Milagrosa, do CEIP San Luis Romero, A Fonte da vella, do IES Isidro Parga Pondal, e A Casilla do CEIP A Cristina.

As escolas ou colexios de 2º ciclo de Educación infantil e/ou primaria e os institutos de Educación secundaria que recibirán as subvencións para realizar viaxes escolares de carácter cultural son o IES Alfredo Brañas, o IES Isidro Parga Pondal, o IES Monte Neme, o CEIP Fogar, o CEIP Bergantiños, o CEIP A Cristina, o CEIP San Luis Romero, o CEIP Nétoma - Razo, o CEIP Gándara - Sofán, o Colexio Artai, o EEI Gontade - Ardaña, o EEI Taboada - Entrecruces, o CRA Ponte da pedra, o o EEI Entrecrucilladas - Oza e o EEI Vilela - Baldaio. Ademais, o Concello de Carballo adxudicoulle unha subvención ao IES Alfredo Brañas para a realización dun intercambio cultural con Francia.

Convenio

Na sesión da Xunta de Goberno local deuse conta do convenio de cooperación asinado o 19 de agosto entre o Concello de Carballo e a Federación de Libreiros de Galicia para a celebración da Feira do libro, que se celebrou na Praza do Concello de Carballo entre os días 25 e 28 de agosto.

Compartir: