CULTURA
A exposición ‘Nazón de Breogán’ prorroga a súa estancia no Pazo da Cultura
Martes 13 de febreiro do 2007
A exposición fai un repaso á historia de Galicia até 1936 e quere explicar por qué cantamos no himno galego á nazón de Breogán e mesmo por qué temos himno, ademáis doutros aspectos como o feito de que hai 70 anos xa se tivo un Estatuto de Autonomía, por qué Galicia deixou de ser reino e outros moitos porqués para unha mostra que serve para alentar a curiosidade polo coñecemento histórico e polo descubrimento do noso pasado. A exposición Nazón de Breogán preséntase baixo o lema Un xeito de soñar Galicia e poderá visitarse até o 25 de febreiro.