Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en funcionamento un programa de...

TERCEIRA IDADE

O Concello pon en funcionamento un programa de ocio activo para os maiores

Luns 12 de febreiro do 2007

Os coñecementos adquiridos na primeira xornada levaranse á práctica cunha sesión de exercicio físico e estimulación da memoria e coa elaboración dun mural. As xornadas desenvolverase os días 14, 15 e 16 de febreiro no Pazo da Cultura, 21, 22 e 23 de febreiro no Centro Social San Xoán Bautista e o 27 de febreiro e 1 e 2 de marzo, na residencia de maiores da praza de Vigo. Logo, as actividades levaranse a diferentes parroquias, como Berdillo, Sofán, Rus, Sísamo, Cances, Bértoa, Razo e Baldaio. A xornada de clausura terá lugar o día 28 de abril, cunha concentración de todos os participantes no Pazo da Cultura. O prazo de inscrición xa está aberto e hai 30 prazas para cada lugar. As xornadas foron presentadas polo concelleiro delegado de Terceira Idade, Antonio Longueira, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade Cristóbal, e José Antonio Veiga Cerqueiro e María Vázquez Lavandeira, no nome da empresa encaragada da organización.

Compartir: