XUVENTUDE
Os grupos do local de ensaio de Carballo apostan pola creación dun estudio de grabación
Luns 12 de febreiro do 2007
Na xuntanza plantexouse a dotación dese estudio de grabación, aínda que temén quedou de manifesto que, para habilitar ese estudio, habería que eliminar unha das actuais salas de ensaio. Debido a tal circunstancia, tanto o director xeral como o rexedor local manifestaron a posibilidade de habilitar unha segunda instalación noutro punto do concello. Logo da xuntanza, o director xeral de Xuventude engadiu que, determinadas estas cuestións, só faltaría a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e o Concello de Carballo para dar luz verde ao proxecto.