DEPORTE
500 atletas participarán da Fase Provincial de Campo a Través o sábado en Carballo
Venres 9 de febreiro do 2007
A representación máis numerosa nesta final provincial será a do golexio Mercedarias de Ferrol, con 24 atletas, seguidos do Clube Atletismo Ría, tamén de Ferrol, , Jaime Baldés, de Noia e A Rabadeira, de Oleiros. No que respecta ás clasificacións, haberá unha individual e outra por equipos. Cada equipo estará formado por seis corredores, dos que puntuarán os catro mellor clasificados. Os dous primeiros equipos clasificados, das categorías infantil e cadete masculino e femininio, participarán na Fase Galega. Asemade, participarán en calidade de convidados os seis primeiros atletas segundo a orde de entrada na meta por categoría e sexo.
Os horarios nos que se desenvolverán as probas, dependendo da categoría, serán os seguintes:
- 11,00 h. Benxamín. Distancia: 700 metros.
- 11,10 h. Alevín Feminino. Distancia: 1775 metros.
- 11,35 h. Alevín Masculino. Distancia: 2700 metros.
- 12,00 h. Infantil Feminino. Distancia: 2325 metros.
- 12,30 h. Infantil Masculino. Distancia: 3700 metros.
- 13,00 h. Cadete Feminino. Distancia: 3000 metros.
- 13,20 h. Cadete Masculino. Distancia: 5000 metros.